Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

lunes, 1 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Roberto D.G.(Apostol)

Arao dos cons
Uria aalge (pontoppidan)
Castelan : Arao comun
Características
É un ave de pequeno tamaño, uns 43 cm. de lonxitude e 70 cm. de envergadura
O seu pico é puntiagudo. As partes superiores do seu corpo son pardo escuro no verán, máis grises no inverno
Non hai diferenzas morfolóxicas entre os sexos como para poder distinguilos a primeira ollada. Os arádevos ibéricos poderían pertencer a outra subespecie, U. a. ibericus, aínda que é preferible incluílos na U. a. albionus.

Hábitat
O seu hábitat son os illotes rochosos e cantiis mariños.Xa de seu é unha especie que ten unha mortalidade elevada por mor da depredación de ovos e polluelos por parte das gaivotas. A iso únese a perda de moitos polluelos se se lles molesta ou son asustados durante a cría, a falta de alimentación por sobrepesca, a contaminación mariña e a captura de máis dun millón de aráos ao ano para consumo humano.

Distribución
Antigamente criaba en illas e cantiis costeiros do litoral galego,tanto no Mar Cantábrico como no Océano Atlántico. Na actualidade desapareceron todas as colonias do cantábrico e as costeiras, quedando restrinxida a súa area de cría ás illas Sisargas, illas Cies e illotes de Cabo Vilan. En 1989 nas tres unicas zonas de cría que quedan contabilizáronse de 15 a 18 parella.

Reprodución
A fin de xaneiro, os arádevos reúnense preto dos cantiis en que van criar. Cando hai un número suficiente, comezan unhas cerimonias nas que os grupos «danzan» na auga. Entrelazándose e esquivándose, as aves chapotean sobre as ondas; de súpeto, o bando enteiro mergúllase e a «danza» continúa baixo a auga. Os arádevos tamén toman parte en voos comunais de exhibición, en bandos de centos de individuos, virando, elevándose e mergullándose ao unísono.

Estas aves non constrúen niño. A femia pon en maio ou xuño o seu único ovo, moi variable en cor aínda que xeralmente con manchas amarelas, pardas ou negras, na roca espida. Adoita estar revestido de guano. Son medidas que evitan que poidan rodar e caer polo cantil.A incubación realízase por ambos os sexos e dura de 32 a 36 días. O polo, alimentado 2 ó 3 veces ao día por ambos os pais, bótase ao mar tras uns 16 días acompañado polos seus proxenitores.

Alimentación e costumes
Os aráos aliméntanse de peixes (principalmente arenques e caballas), moluscos, vermes, algunhas algas e ata en ocasións de medusas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario