Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

lunes, 1 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Alvaro P.P. (Apostol)

Algas  pardas     
 
 
 
As algas pardas ou feófitas son un grupo de algas que pertenecen á clase Phaeophyceae no reino dos Protistas.

O seu  nome común é “alga parda  pero seu nome científico e Phylum  Phaeophyta .

Constituen as algas máis complexas no desarrollo morfolóxico e anatómico. As algas pardas son pluricelulares e en algunhas especies, mostran semellanza superficial coas raíces, talos e follas das plantas máis  evolucionadas. Agárranse  as rochas polo rizoide que é como unha raíz pero que nin penetra no sustrato nin absorbe nutrientes e realizan a fotosíntese en un órgano especial chamado filoide.As paredes das súas células compóñense dunha celulosa semellante a que presentan as algas vermellas e as súas caras exteriores están recubertas por un composto peptídico xelatinoso chamado alginato, que as protexe da desecación cando, ao retirarse as augas mariñas, quedan o  descuberto. Algunhas especies posuen como órganos especiais unhas bolsas cheas de aire que sirvenlles de flotadores, que axudan a manter rectas as algas e, sobre todo, nas que son moi longas, as elevan considerablemente cara  a luz. Posuen un crecemento  rápido, e poden chegar a medir ata 200 metros de altura.

Viven aferradas as  rochas, fondos ou mesmo  a outras algas, casi na súa totalidade en hábitats mariños, nas costas rochosas das zonas templadas e subpolares e excepcionalmente en augas doces.

Son autótrofas e aliméntanse obtendo a luz solar mediante un órgano especial chamado filoide. Realizan fotosíntesis utilizando clorofila C e pigmentos fotosintéticos especiais (fucoxantina, carotina y xantofila).Os nutrientes tómaos da auga do mar en especial do fitoplacton .

A súa carácterística especial e a súa cor  debida a un pigmento “fucoxantina” que é un pouco máis sensible a luz cá clorofila , de aí que poidan vivir en augas máis profundas .

Utilízanse como estabilizantes (E-401, 407..) da emulsión, na fabricación de xeados , como fertilizantes, como fonte de alimentos ricos en vitaminas e para obter iodo.
Algunhas especies aproveitánse en gastronomía, perfumería, etc….
Algunhas das algas  vólvense de cor negra cando  secan e outras serven de comida o gando de zonas costeiras .
Sirven de refuxio a especies mariñas e de camuflaxe ós crustáceos.
Os talos dalgunhas algas pardas do tipo laminaria  recóllense e  empréganse  para facer mangos de bisturí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario