Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

lunes, 1 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Pablo F.R (Apostol)


A MORENA
QUE É?



 É un pez que se coñece pola súa forma semellante á da serpe e polo seu peculiar e agresivo carácter. O seu nome científico é (Muraena helena).
CÓMO É?
A morena ten o corpo serpentiforme, subcilíndrico, lixéiramente comprimido na súa parte terminal, cunha pel denuda e brillante. Diferénciase dos seus conxéneres, o congrio e a anguila pola súa coloración mais vivaz e pola carencia de aletas pectorais. A súa cabeza achatada e rematada nunha especie de pico que se dilata por enriba das órbitas, o amplio corte da boca poblada de dentes e a expresión dos ollos, dánlle un aspeto impregnado de crueldad.
ÓNDE VIVE?
A morena está difundida por todo o Mediterráneo, onde se atopa en profundidades moi diversas, desde a cornixa costeira até os grandes fondos mar dentro. É unha especie moi corrente en todos os nosos mares pero no Mediterráneo o seu número é máis elevado que no Atlántico. É un peixe de roca por excelencia, rehúye os fondos arenosos e cenagosos. Habita preferentemente en grades masas de rocas rodeadas de algueros, en cavernas e grandes gretas. Atópase tanto en poucos centímetros de auga como en profundidades considerables.
DE QUE SE ALIMENTA?
A morena é un animal de costumes esencialmente nocturnos, pasando o tempo á espreita, alimentándose de crustáceos, moluscos, cefalópodos e peces de calquera especie. Tamén se alimenta de organismos mortos en putrefacción. As súas facultades físicas están moi desenvolvidas e os seus sentidos son moi agudos, en especial o olfacto. Son característicos os seus duelos a matar cos cefalópodos, aos que sempre derrota ou acaba por mutilar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario