Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

viernes, 26 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Marcos L.E. (Bouza Brey)


O PERCEBE


 O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, é un tipo de artrópodos pertencente á clase dos cirrípides, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Coñécense na actualidade arredor de 1.220 especies de percebes.
   Os percebes viven adheridos ás rochas en zonas moi batidas polo mar e formando grupos. Teñen dúas fases larvarias: a primeira larva denomínase nauplius, formando parte do plancto, flotando a onde o vento, as ondas, as correntes ou as  mareas as leven, tempo durante o cal muda. Esta fase dura sobre dúas semanas ata o momento da  metamorfose nunha nova larva ciprido, que é máis apta nadando. Os cipridos establécense nunha zona onde os signos ambientais denoten un entorno seguro e produtivo. Se non o atopan, as larvas morrerán.
   Cando atopan un sitio axeitado, a larva enraíza ela soa, primeiro a cabeza, na superficie, e de seguido comeza a se metamorfosear nun xove percebe. O corpo está formado por un pedúnculo carnoso (a que se aproveita para comer) e unha uña da que saen os cirros polos que se alimentan. O percebe típico desenvolve seis capas sucesivas para envolver e protexer o seu corpo. Durante o resto da súa vida, estará soldado ao chan, utilizando os seus tentáculos para capturar o plancto na época da posta. Os percebes, polo xeral, acostuman encontrarse na zona intermareal. A súa  captura é arriscada, xa que tense que facer manualmente aproveitando as baixadas do mar nas rochas.
   Os percebes son hermafroditas, alternando os roles masculinos e femininos no paso  do tempo. O percebe que fai de macho introduce os espermatozoos na cavidade do que fai de femia, que incubará os ovos no seu interior. Cando saen dos ovos pasarán por distintas fases larvarias ata fixarse ás rochas onde seguirán medrando.
   O percebe galego, é máis groso e escuro có de Marrocos e ten a uña máis averme- llada e con menos placas có de Canadá facendo que sexa dunha gran calidade. Des- taca o percebe do Roncudo, en Corme, e o de Sada pola súa calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario