Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

martes, 29 de marzo de 2011

Resultados Concurso ESO 2011


RESULTADO DO CONCURSO “COÑECE AS ILLAS ATLÁNTICAS”


Na actividade didáctica “ Coñecendo as Illas atlánticas” que o Parque Nacional M-T das Illas atlánticas de Galicia realizou durante o mes de febreiro deste ano nos centros educativos da ESO abriuse un concurso onde todos os alumnos participantes poderían participar. O concurso consistía na presentación dunha ficha realizada polo alumno dun ser vivo do Parque Nacional. 

Os/as autores dos catro traballos gañadores son:

  • Laura Vecino (Compañía de María), polo traballo “Píllara papuda”.
  • David Gonçalvez Pérez (Colegio San Fernando, polo traballo “Cobra de colar”.
  • David Rubio Ortiz (Colegio San Fernando), polo traballo “La Nutria”.
  • Paula Lorenzo Freire (Colegio San Fernando), polo traballo “El delfín mular”.

Noraboa aos catro!

Recordade que o premio consiste nunca viaxe a Cíes dun día, que inclúe o transporte en barco e unha visita guiada. Cada premiado pode invitar a 2 persoas (e alomenos unha delas adulta que se faga responsable). O Parque Nacional porase en contacto con eles para fixar a data.
Grazas a todos participantes!