Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

viernes, 26 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Laura R.S.M (Bouza Brey)


O GOLFIÑO
 É un mamífero mariño, existen unhas 32 especies aínda que a máis coñecida é o “delfín mular” pode alcanzar ata tres metros de lonxitude.

  • O seu nome científico é Delphinus delphis (Linnaeus,1758) da Fam.: Delphinidae.

  • O seu nome noutros idiomas:

              - Español: Delfín
              - Inglés:  Dolphin
              - Francés: Dauphin
              - Alemán: Delphin
              - Italiano: Delfino

  • Teñen un corpo adaptado a natación rápida. Na cabeza teñen un órgano esférico para a ecolocalización. As mandíbulas poden ser alargadas e con numerosos dentes, o seu cerebro é grande e desenrolado e a cor da súa pel é gris e máis clara no ventre.

  • Cando está en liberdade habita en mares mornos na superficie.

  • Vive en grupos que poden chegar ata centenares de exemplares.

  • Alimentase de peixes que habiten no seu entorno.

  • Os golfiños son especiais pola súa intelixencia, son cariñosos, solidarios son dóciles e se os aprenden poden facer grandes espectáculos na auga xa que poden saltar a unha gran altura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario