Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

martes, 23 de febrero de 2010

Concurso secundaria- Francisco Javier G.S (Apostol)

 

COREMA ALBUM (CAMARIÑA)


Descripción:


É un subarbusto da especie fanerógama, dioica e anemócora.As súas follas son perennes e dunha cor verde oscura con agullas de uns 7mm, que están repartidas de forma alterna ou verticilida.Este pequeno arbusto pode chegar a medir ata 1m de altura.
As súas flores son vermellas e florecen entre marzo e abril.Os seus froitos son parecidos as grosellas e posúen un sabor acidulado.
Normalmente medran nas dunas das praias e están nun perigo crítico de extinción.

Usos:
-Antihelmético.
-Facer vasoiras.
-Xaleas e augardentes.
-Usabase para preparar limoadas empleadas nas enfermedades que cursaban con calenturas.
       
Peculiaridades:
-Gañouse o nome de moitos lugares como, por ejemplo, a ría de Camariñas.
-As súas pólas botan un agradable cheiro a mel.
-Cando se volven vellas cambian a unha cor verde claro que é moi brillante e o seu tacto vólvese máis liso.
-No seu nome científico corema e album significan cada un unha cousa diferente:
corema=vasoira facendo referencia a que este e o seu uso máis destacado e importante da pranta.
album=blanquecino facendo referencia a cor dos seus froitos.
-Ten moitas sais minerais polo que se lle considera unha pranta remineralizante.
-Os mariñeiros cando se quedaban sen auga, parábanse a recoller os froitos das camariñas para usalos como refresco.
-A esta pranta se lle atribuíron propiedades febrífugas aínda que a súa composición non está moi estudiada.


Clasificación científica

Reino- Plantae
División-Magnoliophyta
Clase-magnoliopsida
Orde-Ericales
Familia-Ericaceae
Subfamilia-Ericoidea
Tribu-Empetreae
Xénero-Corma D.don
Especie-C.Album

No hay comentarios:

Publicar un comentario