Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

jueves, 25 de febrero de 2010

Concurso Secundaria. Carlos N. (Apostol Santiago)

O PERCEBE



*      Que é un percebe?
O  percebe é un crustáceo da clase dos cirrípedos que vive suxeito ás rochas. O nome cirrípedos venlle das súas patas torácicas en forma de cirros, as cales actúan a modo de filtro das partículas alimenticias da auga. Durante moito tempo creeuse que se trataba dun molusco porque a súa vida transcurre pegados as rochas.
*      Nombre científico
Ahora: Pollicipes pollicipes
Antes: Pollicepes cornucopia
                              
*      Como son os percebes?
O percebe ten unha forma moi peculiar e tamaño variable. A lonxitude máxima é de 12 cm. Presenta dous partes claramente diferenciadas: Unha parte superior ou cabeza e unha parte inferior ou pedúnculo, carnosa e protexida por unha forte pel de cor negro. So é comestible o cilindro alaranxado que presenta no seu interior. Ao capítulo tamén se lle chama unlla polo aspecto que lle dan as placas ou escamas calcáreas de cor branco.
Non teñen branquias e capta o osíxeno do auga, por iso require de zonas grandemente batidas e máis osixenadas. Son hermafroditas e reprodúcense por ovos.
*      Onde habita o percebe?
O percebe encóntrase na maior parte da costa noroeste de Galicia, e de forma moi abundante na franxa do mar aberto das Illas Atlánticas, en grandes rochas batidas polo mar aberto, con forte movemento de ondas.Os percebes non so están amarrados ás rochas senon que tamén están suxeitos no fondo de embarcacións e boias. O pedúnculo carnoso, ou pé, é o que lle permite adherirse a elas. Nunca encóntranse de forma individual senon que se crían formando colonias, grupos ou piñas.
*      De que se alimentan os percebes?
Aliméntanse do fitoplancton das augas que baten as ondas, por medio dunha especie de pluma filamentosa que saelle da súa unlla en cada recollida da onda..


*      Curiosidades

As dimensións do pedúnculo non están relacionadas coa idade do animal, tanto o seu grosor como a súa largura dependen do lugar onde habitan. Así distínguense “os de sol” que viven en zonas batidas e soleadas cun pedúnculo máis groso e curto (comercialmente máis valorado) e “os de sombra” cun corpo máis alongado e delgado.

A extración realizase polos percebeiros de forma artesanal (a man), mediante raspetas para despegalos das rochas. É moi perigoso pola inaccesibilidade dos cantís e polas grandes olas que baten neles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario