Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

martes, 8 de junio de 2010

EXPOSICIÓN DOS CÓMICS E DAS FOTOS DO CONCURSO "MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS"


"Mergullándonos nas Illas Atlánticas" é un programa educativo do Parque Nacional que realizamos esta primaveira cos alumnos de 5º de primaria con 70 centros educativos do entorno do Parque.

Para poder participar no programa os alumnos debían realizar un cómic sobre os valores do Parque.

Tamén, dentro deste programa, e de xeito voluntario, os alumnos podían participar nun concurso con dúas categorías:
 - “Fotografía vivinte”, traballo colectivo na que os nenos representan unha escena dos valores do Parque.
- “Fotografía dunha composición na praia”, debuxo que realizaron os alumnos na area, empregando materiais atopados na praia, mostrando algún valor do Parque Nacional.

Todos aqueles que queiran ver, tanto os traballos presentados no concurso, coma os cómics, non teñen mais que achegarse á Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”  entre o 14 e o 30 de xuño, ná rúa Alfonso XIII  nº3, Pontevedra, nos seguintes horarios:
• De luns a venres: de 9h a 21h.
• Sábado: de 9h a 14h.

MERECE A PENA IR VER ESTOS TRABALLOS ESCOLARES!!

GRAZAS POLO TRABALLO E A PARTICIPACIÓN A TODOS OS  ALUMNOS E PROFESORES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario