Benvidos!! Este é o blog do equipo de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Aquí poderedes ver algúns dos traballos que realizan as rapazas e rapaces que participan nos programas educativos do Parque.

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO

O PARQUE NACIONAL ILUMINA O TEU FUTURO
Primeiro premio do concurso do programa educativo de Educación Primaria MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS ATLÁNTICAS, do ano 2009, realizado polo CEIP A PEDRA (Bueu)

lunes, 1 de marzo de 2010

Concurso secundaria- Alvaro P.P. (Apostol)

Algas  pardas     
 
 
 
As algas pardas ou feófitas son un grupo de algas que pertenecen á clase Phaeophyceae no reino dos Protistas.

O seu  nome común é “alga parda  pero seu nome científico e Phylum  Phaeophyta .

Constituen as algas máis complexas no desarrollo morfolóxico e anatómico. As algas pardas son pluricelulares e en algunhas especies, mostran semellanza superficial coas raíces, talos e follas das plantas máis  evolucionadas. Agárranse  as rochas polo rizoide que é como unha raíz pero que nin penetra no sustrato nin absorbe nutrientes e realizan a fotosíntese en un órgano especial chamado filoide.As paredes das súas células compóñense dunha celulosa semellante a que presentan as algas vermellas e as súas caras exteriores están recubertas por un composto peptídico xelatinoso chamado alginato, que as protexe da desecación cando, ao retirarse as augas mariñas, quedan o  descuberto. Algunhas especies posuen como órganos especiais unhas bolsas cheas de aire que sirvenlles de flotadores, que axudan a manter rectas as algas e, sobre todo, nas que son moi longas, as elevan considerablemente cara  a luz. Posuen un crecemento  rápido, e poden chegar a medir ata 200 metros de altura.

Viven aferradas as  rochas, fondos ou mesmo  a outras algas, casi na súa totalidade en hábitats mariños, nas costas rochosas das zonas templadas e subpolares e excepcionalmente en augas doces.

Son autótrofas e aliméntanse obtendo a luz solar mediante un órgano especial chamado filoide. Realizan fotosíntesis utilizando clorofila C e pigmentos fotosintéticos especiais (fucoxantina, carotina y xantofila).Os nutrientes tómaos da auga do mar en especial do fitoplacton .

A súa carácterística especial e a súa cor  debida a un pigmento “fucoxantina” que é un pouco máis sensible a luz cá clorofila , de aí que poidan vivir en augas máis profundas .

Utilízanse como estabilizantes (E-401, 407..) da emulsión, na fabricación de xeados , como fertilizantes, como fonte de alimentos ricos en vitaminas e para obter iodo.
Algunhas especies aproveitánse en gastronomía, perfumería, etc….
Algunhas das algas  vólvense de cor negra cando  secan e outras serven de comida o gando de zonas costeiras .
Sirven de refuxio a especies mariñas e de camuflaxe ós crustáceos.
Os talos dalgunhas algas pardas do tipo laminaria  recóllense e  empréganse  para facer mangos de bisturí.

Concurso secundaria- Blanca G.A. (Apostol)


O RODABALLO
                                           


Nomes Científicos: Psetta Maxima o Scophthalmus maximus

Nome común:  Rodaballo

Reino: Animalia

Clase: Actinopterygii

Orde: Pleuronectiformes

Familia: Scophthalmidae

Xénero: Psetta

Especie: Psetta Maxima

Descrición: O Rodaballo é un peixe de carne azul. Mide como mínimo 30cm. Ten o corpo case redondo e completamente plano. A súa carne e branda. Ten os ollos situados no lado esquerdo. Pode ser de distintas cores; dende o marrón chocolateado ata o amarelo ou o gris verdoso.

Dentro da fauna mariña das Illas Cíes é un dos peixes máis valorados.
.
Onde vive: Nos fondos mariños; entre os 20 e 70 metros de profundidade.

Qué come: É un depredador que se alimenta de peixes pequenos, crustáceos e miñocas. Cando son adultos soamente se alimentan de peixes pequenos.

Curiosidades: É un dos peixes máis característicos da acuicultura.
En Galicia; recibe o nome de “Rodaballo da Ría”, a aquel que se pesca nas Rías Galegas. Esta variedade é moi valorada na restauración.

Concurso secundaria- Roberto D.G.(Apostol)

Arao dos cons
Uria aalge (pontoppidan)
Castelan : Arao comun
Características
É un ave de pequeno tamaño, uns 43 cm. de lonxitude e 70 cm. de envergadura
O seu pico é puntiagudo. As partes superiores do seu corpo son pardo escuro no verán, máis grises no inverno
Non hai diferenzas morfolóxicas entre os sexos como para poder distinguilos a primeira ollada. Os arádevos ibéricos poderían pertencer a outra subespecie, U. a. ibericus, aínda que é preferible incluílos na U. a. albionus.

Hábitat
O seu hábitat son os illotes rochosos e cantiis mariños.Xa de seu é unha especie que ten unha mortalidade elevada por mor da depredación de ovos e polluelos por parte das gaivotas. A iso únese a perda de moitos polluelos se se lles molesta ou son asustados durante a cría, a falta de alimentación por sobrepesca, a contaminación mariña e a captura de máis dun millón de aráos ao ano para consumo humano.

Distribución
Antigamente criaba en illas e cantiis costeiros do litoral galego,tanto no Mar Cantábrico como no Océano Atlántico. Na actualidade desapareceron todas as colonias do cantábrico e as costeiras, quedando restrinxida a súa area de cría ás illas Sisargas, illas Cies e illotes de Cabo Vilan. En 1989 nas tres unicas zonas de cría que quedan contabilizáronse de 15 a 18 parella.

Reprodución
A fin de xaneiro, os arádevos reúnense preto dos cantiis en que van criar. Cando hai un número suficiente, comezan unhas cerimonias nas que os grupos «danzan» na auga. Entrelazándose e esquivándose, as aves chapotean sobre as ondas; de súpeto, o bando enteiro mergúllase e a «danza» continúa baixo a auga. Os arádevos tamén toman parte en voos comunais de exhibición, en bandos de centos de individuos, virando, elevándose e mergullándose ao unísono.

Estas aves non constrúen niño. A femia pon en maio ou xuño o seu único ovo, moi variable en cor aínda que xeralmente con manchas amarelas, pardas ou negras, na roca espida. Adoita estar revestido de guano. Son medidas que evitan que poidan rodar e caer polo cantil.A incubación realízase por ambos os sexos e dura de 32 a 36 días. O polo, alimentado 2 ó 3 veces ao día por ambos os pais, bótase ao mar tras uns 16 días acompañado polos seus proxenitores.

Alimentación e costumes
Os aráos aliméntanse de peixes (principalmente arenques e caballas), moluscos, vermes, algunhas algas e ata en ocasións de medusas.

Concurso secundaria- Sandra T.P. (Apostol)


O CENTOLO:
¿ Qué é o centolo ?

É unha especie de crustáceo decápodo do infraorden Brachyura, coñecida en español como centola, centolla ou centolla europea. É un cangrexo migratorio de gran tamaño. O seu caparazón está repleto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir ata 20 cm de diámetro.
 
¿ Cuál es su hábitat?

O seu hábitat localízase en áreas do nordés do Atlántico e no mar Mediterráneo

¿ De Qué alimentanse ?

Aliméntase dunha gran variedade de organismos, dominando as algas e moluscos no inverno, e equinodermos, como os ourizos e pepinos de mar no verán. As femias poden reproducirse ata catro veces ao ano

Otros datos sobre o centolo : 

A centola é explotado comercialmente, con capturas anuais dunhas 5.000 toneladas, procedendo máis do 70% das costas francesas, sobre un 10% das costas británicas, un 6% das Illas da Canle, un 3% de España e outro 3% de Irlanda, 2% de Croacia, 1% de Portugal, e o resto de Montenegro, Dinamarca e Marrocos, aínda que as cifras oficiais están suxeitas a certas dúbidas.A Unión Europea impón un tamaño mínimo de desembarco de 120 mm para as centolas, e algúns países teñen outras lexislacións, como a prohibición de desembarcar femias que porten huevas en España ou unha veda en Francia e as Illas da Canle
 

Concurso secundaria- Pablo F.R (Apostol)


A MORENA
QUE É?



 É un pez que se coñece pola súa forma semellante á da serpe e polo seu peculiar e agresivo carácter. O seu nome científico é (Muraena helena).
CÓMO É?
A morena ten o corpo serpentiforme, subcilíndrico, lixéiramente comprimido na súa parte terminal, cunha pel denuda e brillante. Diferénciase dos seus conxéneres, o congrio e a anguila pola súa coloración mais vivaz e pola carencia de aletas pectorais. A súa cabeza achatada e rematada nunha especie de pico que se dilata por enriba das órbitas, o amplio corte da boca poblada de dentes e a expresión dos ollos, dánlle un aspeto impregnado de crueldad.
ÓNDE VIVE?
A morena está difundida por todo o Mediterráneo, onde se atopa en profundidades moi diversas, desde a cornixa costeira até os grandes fondos mar dentro. É unha especie moi corrente en todos os nosos mares pero no Mediterráneo o seu número é máis elevado que no Atlántico. É un peixe de roca por excelencia, rehúye os fondos arenosos e cenagosos. Habita preferentemente en grades masas de rocas rodeadas de algueros, en cavernas e grandes gretas. Atópase tanto en poucos centímetros de auga como en profundidades considerables.
DE QUE SE ALIMENTA?
A morena é un animal de costumes esencialmente nocturnos, pasando o tempo á espreita, alimentándose de crustáceos, moluscos, cefalópodos e peces de calquera especie. Tamén se alimenta de organismos mortos en putrefacción. As súas facultades físicas están moi desenvolvidas e os seus sentidos son moi agudos, en especial o olfacto. Son característicos os seus duelos a matar cos cefalópodos, aos que sempre derrota ou acaba por mutilar.

viernes, 26 de febrero de 2010

SIGUEN CHEGANDO TRABALLOS!!!!

Seguimos colgando os traballos que nos enviades, moitas grazas polo esforzo!!.No blog non podemos manter o formato orixinal dos traballos, aínda que van o máis aproximados, pero a selección farase sobre os orixinais.



Ánimo e moita sorte!!

jueves, 25 de febrero de 2010

Concurso Secundaria. Carlos N. (Apostol Santiago)

O PERCEBE



*      Que é un percebe?
O  percebe é un crustáceo da clase dos cirrípedos que vive suxeito ás rochas. O nome cirrípedos venlle das súas patas torácicas en forma de cirros, as cales actúan a modo de filtro das partículas alimenticias da auga. Durante moito tempo creeuse que se trataba dun molusco porque a súa vida transcurre pegados as rochas.
*      Nombre científico
Ahora: Pollicipes pollicipes
Antes: Pollicepes cornucopia
                              
*      Como son os percebes?
O percebe ten unha forma moi peculiar e tamaño variable. A lonxitude máxima é de 12 cm. Presenta dous partes claramente diferenciadas: Unha parte superior ou cabeza e unha parte inferior ou pedúnculo, carnosa e protexida por unha forte pel de cor negro. So é comestible o cilindro alaranxado que presenta no seu interior. Ao capítulo tamén se lle chama unlla polo aspecto que lle dan as placas ou escamas calcáreas de cor branco.
Non teñen branquias e capta o osíxeno do auga, por iso require de zonas grandemente batidas e máis osixenadas. Son hermafroditas e reprodúcense por ovos.
*      Onde habita o percebe?
O percebe encóntrase na maior parte da costa noroeste de Galicia, e de forma moi abundante na franxa do mar aberto das Illas Atlánticas, en grandes rochas batidas polo mar aberto, con forte movemento de ondas.Os percebes non so están amarrados ás rochas senon que tamén están suxeitos no fondo de embarcacións e boias. O pedúnculo carnoso, ou pé, é o que lle permite adherirse a elas. Nunca encóntranse de forma individual senon que se crían formando colonias, grupos ou piñas.
*      De que se alimentan os percebes?
Aliméntanse do fitoplancton das augas que baten as ondas, por medio dunha especie de pluma filamentosa que saelle da súa unlla en cada recollida da onda..


*      Curiosidades

As dimensións do pedúnculo non están relacionadas coa idade do animal, tanto o seu grosor como a súa largura dependen do lugar onde habitan. Así distínguense “os de sol” que viven en zonas batidas e soleadas cun pedúnculo máis groso e curto (comercialmente máis valorado) e “os de sombra” cun corpo máis alongado e delgado.

A extración realizase polos percebeiros de forma artesanal (a man), mediante raspetas para despegalos das rochas. É moi perigoso pola inaccesibilidade dos cantís e polas grandes olas que baten neles.